Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (1121/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1121/2012 por instancia de María Moyano Olmos contra Aliart Engineering, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e o Concello da Coruña, sobre cantidade, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza o 19 de febreiro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

Procede a aclaración solicitada. E, en consecuencia, modifíquese o feito probado quinto, o cal quedará do teor literal seguinte:

Feito probado quinto. A demandante reclama a cantidade de 15.436,51 euros correspondentes ás mensualidades de xuño, paga extra de xullo, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro e paga extra de decembro, todas elas de 2012, así como diferenzas na paga extraordinaria de xuño de 2013 por importe de 820 euros. A iso engádese a cantidade de 427,80 euros que se desagrega do seguinte xeito: 75 euros en concepto de garda telefónica e 352,80 euros por festivos.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz.

O/a secretario/a xudicial.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aliart Engineering, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 23 de febreiro de 2015

O secretario xudicial