Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10721

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (420/2014).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento seguridade social 420/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Fernández Sartal contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Estimando parcialmente a demanda interposta por Mª del Carmen Fernández Sartal fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega e a empresa Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, declaro o dereito da demandante a percibir a cantidade de 995,22 euros por diferenzas na prestación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común correspondente ao período do 3 de marzo de 2013 ao 25 de maio de 2013, condenando as demandadas a se ater a esta declaración e ao seu aboamento, declarando a responsabilidade directa da empresa demandada e a obriga de anticipo da mutua, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 192 e seguintes da LRXS.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial