Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (433/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 433/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Pombo Vecino contra Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., Montaje e Ingeniería Arce, S.L., administración concursal Montaje e Ingeniería Arce, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 106/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 433/2014.

Demandante: Francisco José Pombo Vecino.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandados:

Montajes e Ingeniería Arce, S.L.: non comparece.

Administración concursal de Montajes e Ingeniería Arce, S.L.: non comparece.

Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L.: non comparecen.

Fogasa.

Sentenza 106/2015.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015.

Decido:

1. Tense por desistido o demandante da acción de resolución contractual exercida no presente procedemento.

2. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Francisco José Pombo Vecino fronte á empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 5.651,65 euros en concepto de salarios debidos.

3. Desestimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Jesús Manuel Turnes López fronte a Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L., polo que se lles absolve de todo pedimento dirixido fronte a elas.

4. A administración concursal da empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e o Fogasa deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial