Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10471

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4433/2014 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4433/2014 IP

Xulgado de orixe/autos: despido/cesamentos en xeral 1146/2012 Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Ana Añón Outeiro

Avogada: María Velo Louzán

Recorridos: Fogasa, empresa José Manuel Añón Vázquez, José Luis Méndez Varela, Pedro Pablo Añón Outeiro, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, María Josefa Outeiro Martínez, herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez

Avogada: María Velo Louzán, Francisca Dolores Arias Castro

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4433/2014 desta sección, seguido por instancia de Ana Añón Outeiro contra o Fogasa, empresa José Manuel Añón Vázquez, José Luis Méndez Varela, Pedro Pablo Añón Outeiro, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, María Josefa Outeiro Martínez, herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada María Velo Louzán, actuando en nome e representación de Ana María Añón Outeiro, contra a sentenza do 17 de febreiro de 2014, aclarada por auto do 3 de marzo de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, en autos 1146/2012, sobre despedimento, seguidos por instancia de José Luis Méndez Varela contra José Manuel Añón Vázquez, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, Pedro Pablo Añón Outeiro, Ana Añón Outeiro, María Josefa Outeiro Martínez, herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez e o Fogasa, sobre despedimento, debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución obxecto de recurso.

Imponse á recorrente o aboamento das custas procesuais do recurso, con inclusión dos honorarios da graduada social impugnante do recurso, Ana María Ferreiro Río, que se fixan en 550 euros. Decrétase, igualmente, a perda do depósito constituído para impugnar.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial