Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10467

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes definitivamente seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 30 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 91, do 14 de maio), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse ademais que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade coas anteditas bases, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o acordo do tribunal designado para xulgar o concurso-oposición da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013, relativo ás puntuacións definitivas da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do dito proceso selectivo.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en:

Fides/expedient-e/sección de procesos

Segundo. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados que se relacionan no anexo I desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non estar inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

Os/as aspirantes seleccionados que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

A documentación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 30 de abril de 2013, os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. Contra o acordo dos tribunais, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I
Médico/a de urxencias hospitalarias

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Innovación e Investigación

Total

1

*316R

Mirás Bello, Carlos David

P

42,927

14,000

20,500

0,000

77,427

2

*115N

Pérez Pacheco, Marina

P

42,657

14,000

17,000

0,300

73,957

3

*541C

Varela Portas Mariño, Jacobo Antonio

P

43,334

14,000

9,350

1,100

67,784

4

*880P

Pichel Loureiro, Ángel

L

46,250

14,000

21,600

1,300

83,150

5

*187F

González Maroño, César

L

44,750

11,882

22,000

2,500

81,132

6

*030Z

Touceda Bravo, Alberto

L

45,750

13,295

21,300

0,100

80,445

7

*664D

Lorenzo Carrero, Jorge

L

42,500

14,000

22,000

1,300

79,800

8

*142P

Ferreiro Gómez, Manuel

L

43,125

12,965

22,000

0,600

78,690

9

*887T

Lombardí

a Cortiña, Mónica

L

43,250

14,000

20,700

0,150

78,100

10

*996F

Rodríguez Trigo, Sandra

L

42,000

13,541

22,000

0,000

77,541

11

*264A

López López, Susana

L

40,875

14,000

22,000

0,050

76,925

12

*550H

Alonso Paz, Jorge

L

38,750

14,000

21,600

0,050

74,400

* O nº de DNI do/da aspirante seleccionado/a amósase cifrado en protección de datos de carácter persoal