Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10473

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de sentenza (1581/2013-MFV).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 1581/2013-MFV.

Xulgado orixe/autos: s. social 191/2012, Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado/a: Luis Esteban Leyenda Martínez, lda. Sra. Monteoliva.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesorería Xeral da Seguridade Social, Alfonso Martínez Pérez, Reycon Gallega, S.L.

Avogado/a: Serv. Xurídico Seg. Social (provincial), Jesús Lorenzo Cuervo.

Procurador: José Manuel Lado Fernández.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1581/2013 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Alfonso Martínez Pérez, Reycon Gallega, S.L. sobre accidente de grao, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación legal da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais nº 201, contra a sentenza do 14 de decembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en autos nº 191/2012 promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Alfonso Martínez Pérez e Reycon Gallega, S.L. sobre incapacidade permanente derivada de accidente, debemos confirmar a sentenza. Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar o depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste. Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións” ou “concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Reycon Gallega, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial