Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10475

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (995/2009).

Cristina Cao Sánchez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

Neste órgano xudicial tramítase xuízo sobre filiación 995/2009, seguido por instancia de Benigno e Blandina Peón Santiago, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza n°16/2015.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2015.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo verbal sobre filiación nº 995/2009 promovido pola procuradora Sra. Goimil Martínez, en nome e representación de Benigno e Blandina Peón Santiago, asistidos ambos os dous do letrado Sr. Rodríguez Rodríguez, fronte a herdeiros descoñecidos e incertos de David Sanlés Martínez, intervindo Ramona Sanlés Martínez, irmá do demandado finado, representada pola procuradora Sra. Arcos Romero e asistida do letrado Sr. Méndez Torres, José Francisco Sanlés Casais, sobriño do finado demandado, representado pola procuradora Sra. Sánchez Silva e asistido do letrado Sr. Regueiro Freire, Antonio, Serafín, Luisa e Cipriano Sanlés Casais, sobriños do finado demandado, representados polo procurador Sr. Martínez Lage e asistidos da letrada Sra. Gude Castro, María del Carmen e José Mariño Sanlés, sobriños do finado demandado, representados pola procuradora Sra. Pérez Otero e asistidos da letrada Sra. Gude Sampedro e Manuela Sanlés Casais, sobriña do citado finado demandado, representada pola procuradora Sra. Cerviño Gómez e asistida do letrado Sr. González, sendo ademais declarados en rebeldía procesual Tomás Sanlés Casais, Ricardo Mariño Sanlés, José Manuel Sanlés Casais, Rosa Sanlés Casais e Josefa Sanlés Martínez, dirixíndose a demanda, así mesmo, fronte ao representante do Ministerio Fiscal na súa calidade de garante da legalidade e do interese público e social.

Decido.

Que estimando a demanda deducida pola procuradora Sra. Goimil Martínez, en nome e representación de Benigno e Blandina Peón Santiago, asistidos ambos os dous do letrado Sr. Rodríguez Rodríguez fronte a herdeiros descoñecidos e incertos de David Sanlés Martínez, intervindo Ramona Sanlés Martínez, irmá do demandado finado, representada pola procuradora Sra. Arcos Romero e asistida do letrado Sr. Méndez Torres, José Francisco Sanlés Casais, sobriño do finado demandado, representado pola procuradora Sra. Sánchez Silva, e asistido do letrado Sr. Regueiro Freire, Antonio, Serafín, Luisa e Cipriano Sanlés Casais, sobriños do finado demandado, representados polo procurador Sr. Martínez Lage e asistidos da letrada Sra. Gude Castro, María del Carmen e José Mariño Sanlés, sobriños do finado demandado, representados pola procuradora Sra. Pérez Otero e asistidos da letrada Sra. Gude Sampedro e Manuela Sanlés Casais, sobriña do citado finado demandado, representada pola procuradora Sra. Cerviño Gómez e asistida do letrado Sr. González, sendo ademais declarados en rebeldía procesual Tomás Sanlés Casais, Ricardo Mariño Sanlés, José Manuel Sanlés Casais, Rosa Sanlés Casais e Josefa Sanlés Martínez, e dirixíndose a demanda, así mesmo, fronte ao representante do Ministerio Fiscal, procede declarar que os demandantes Benigno e Blandina Péon Santiago, son fillos biolóxicos de David Sanlés Martínez, e os seus herdeiros universais coas consecuencias legais inherentes a tal declaración.

Procede obviamente a non imposición de custas procesuais causadas en exclusiva a ningunha das partes.

Unha vez asine esta resolución, remítase testemuño desta ao Rexistro civil onde conste a inscrición do nacemento do demandante para proceder á rectificación rexistral oportuna.

Esta resolución non é firme e fronte a esta é dable a interposición de recurso de apelación na forma e prazos previstos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, logo de consignación do depósito previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, eu, Roberto Soto Sola, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo Sr. Xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial