Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10174

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (65/2014).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente edicto

Anuncio.

No presente procedemento de xuízo verbal 65/2014 seguido por instancia de María Isabel Carro Carro fronte a Carmen Sanmartín Sánchez se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 2 de setembro de 2014.

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza de apoio ao XAT A Coruña en funcións de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 dos desta localidade, os presentes autos de xuízo verbal 65/2014, seguidos por iniciativa de María Isabel Carro Carro, representada polo procurador, Roberto Aba Veiga e asistida polo letrado Raúl Miramontes Santiso, fronte a Carmen Sanmartín Sánchez, en rebeldía.

Decido.

Estímase a demanda interposta por María Isabel Carro Carro, representada polo procurador, Sr. Aba Veiga, fronte a Carmen Sanmartín Sánchez e en consecuencia:

1. Declaro que María Isabel Carro Carro ten a propiedade, en virtude de usucapión extraordinaria, do seguinte predio descrito no feito primeiro da demanda como rústica, terreo dedicado a secaño no sitio de Seixo, parroquia de Santa María de Cuíña, predio número 558 do plano xeral de concentración arquivado neste rexistro, que linda: norte, María del Carmen Otero Sobrino (557), regato en medio; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, descoñecidos (559); oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Ten unha extensión de catro áreas e oitenta e tres centiáreas. Referencia catastral: 15064D502005580000JM, coas estremas actualizadas no feito sexto da demanda: norte, José Carro Carro (557), regato en medio; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, María Carro Valiño (559- hoxe María Isabel Carro Carro); e oeste camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e identificada como parcela nº 558 do plano xeral correspondente á reorganización da propiedade da zona de Santa María de Cuíña (Oza dos Ríos-A Coruña) inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos, no tomo 998 xeral, libro 120 de Oza, folio 146, predio nº 12.172, inscrición 1ª.

2. En consonancia con isto, ordeno proceder á rectificación das discordancias existentes no Rexistro da Propiedade de Betanzos.

Condénase a demandada ao pagamento das custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se recorre nos termos dispostos nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil. Para o cal se deberá ter en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Ao se encontrar a dita demandada, Carmen Sanmartín Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 18 de setembro de 2014

A secretaria xudicial