Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10173

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (409/2014).

Elba García Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, polo presente edicto, anuncio que no procedemento seguido por instancia de Transportes Félix Fresno, S.L. fronte a Cooperativa Thogal, Sociedade Cooperativa Galega ditouse sentenza, cuxo fallo é do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda interposta pola procuradora María Luisa González Mascareñas, en nome e representación de Transportes Félix Fresno, S.L., debo condenar e condeno a Cooperativa Thogal, Sociedade Cooperativa Galega, en rebeldía procesual, a pagar a cantidade de 8.572,69 euros (6.573,26 euros de principal e 1.999,43 euros de xuros moratorios devindicados na data de presentación de demanda), e ata o seu completo pagamento, con imposición das custas procesuais á demandada.

Notifíquese a seguinte resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme, e ante esta cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense neste xulgado no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación».

E encontrándose o devandito demandado, Cooperativa Thogal, Sociedade Cooperativa Galega, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 27 de novembro de 2014

A secretaria xudicial