Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (929/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 13.2.2015, no proceso seguido por instancia de Eduardo Urban Lorenzo contra Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrouse co número 929/2012 e acordouse notificar a Esabe Vigilancia a resolución da sentenza seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Eduardo Urbano Lorenzo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.219,12 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade 1532 0000 60 0929 12.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial