Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Aula de Formación Avanzada, S.L. (número de censo 36H00983).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Aula de Formación Avanzada, S.L. a Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

«Número de censo: 36H00983.

Aula de Formación Avanzada, S.L.

Rúa Urzáiz, nº 182, 2º entresollado.

36205 Vigo (Pontevedra).

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Aula de Formación Avanzada, S.L., B36935914, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Supostos de feito:

Primeiro. A entidade Aula de Formación Avanzada, S.L. encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 36H00983, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ADGC31

Xestión Inmobiliaria

26.1.2001

ADGX01

Inglés: Xestión Comercial

28.9.2001

IFCI40

Programador de Bases de Datos

28.9.2001

IFCI50

Administrador de Sistemas Operativos

28.9.2001

SSCF30

Xestor de Formación

28.9.2001

Segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, o 27 de outubro de 2014, requiriulle á entidade Aula de Formación Avanzada, S.L., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, informándoa de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.

Terceiro. O 28 de outubro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo da rúa Urzáiz, nº 182, 2º entresollado, 36205 Vigo (Pontevedra).

Cuarto. O 26 de novembro de 2014, persoal técnico da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo visitou o centro Aula de Formación Avanzada, S.L. e comprobou que non existe o devandito centro na rúa Urzáiz, nº 182, 2º entresollado, 36205 Vigo (Pontevedra).

Quinto. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, o 27 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo propón a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego de Aula de Formación Avanzada, S.L., B36935914, con número de censo 36H00983, na rúa Urzáiz, nº 182, 2º entresollado, 36205 Vigo (Pontevedra), coas especialidades correspondentes, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que se poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego en caso de incumprimento de calquera das obrigas previstas no artigo 7 deste decreto.

Terceiro. O artigo 7.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación teñen a obriga de manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

Revisado o expediente compróbase que Aula de Formación Avanzada, S.L., non mantén as instalacións e a estrutura de medios, sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, na rúa Urzáiz, nº 182, 2º entresollado, 36205 Vigo (Pontevedra).

Cuarto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez vistos o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto; o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa á entidade Aula de Formación Avanzada, S.L., número de censo 36H00983, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar, no termo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación