Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Mª Carmen Míguez Álvarez-Autoesc. España (número de censo 36H00144).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Mª Carmen Míguez Álvarez-Autoesc. España a Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

«Número de censo: 36H00144.

Mª Carmen Míguez Álvarez, S.L.-Autoesc. España.

Rúa Lepanto, 1, 2, esquerda.

36201 Vigo.

Pontevedra.

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Mª Carmen Míguez Álvarez, S.L.-Autoesc. España, B36626752, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar,

Supostos de feito:

Primeiro. A entidade Mª Carmen Míguez Álvarez, S.L.-Autoesc. España está inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 36H00144, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

TMVC05

Condutor de vehículos articulados

23.11.1999

TMVC06

Transporte de mercadorías perigosas

23.11.1999

TMVC20

Condutor de vehículos lixeiros

23.11.1999

TMVC21

Condutor de vehículos clase B

29.9.2001

TMVC31

Condutor de vehículos clases C

29.9.2001

TMVC41

Condutor de vehículos clase D

29.9.2001

TMVX10

Conselleiro de seguridade

29.9.2001

Segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, o 27 de outubro de 2014, requiriulle á entidade Mª Carmen Míguez Álvarez, S.L.-Autoesc. España, para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, e informouna que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no dito rexistro.

Terceiro. O 28 de outubro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo da rúa Lepanto, 1, 2, esquerda, 36201 Vigo (Pontevedra).

Cuarto. O 26 de novembro de 2014, persoal técnico da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo visitou o centro Mª Carmen Míguez Álvarez, S.L.-Autoesc. España e comprobou que non existe o dito centro na rúa Lepanto, 1, 2, esquerda, 36201 Vigo (Pontevedra).

Quinto. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, o 27 de novembro de 2014 a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo propón a baixa no Rexistro de Centros, Entidades de Formación da entidade Mª Carmen Míguez Álvarez, S.L.-Autoesc. España, B36626752, con núm. de censo 36H00144, na rúa Lepanto, 1, 2, esquerda, 36201 Vigo (Pontevedra), coas especialidades correspondentes, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que se poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación en caso de incumprimento de calquera das obrigas previstas no artigo 7 deste decreto.

Terceiro. O artigo 7.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e as entidades de formación teñen a obriga de manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

Revisado o expediente compróbase que Mª Carmen Míguez Álvarez, S.L.-Autoesc. España, non mantén as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, na rúa Lepanto, 1, 2, esquerda, 36201 Vigo (Pontevedra).

Cuarto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez vistos o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto; o Decreto106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Mª Carmen Míguez Álvarez, S.L.-Autoesc. España, número de censo 36H00144, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados esta resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación