Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade ADI Proyectos e Ingeniería, S.L. (número de censo 15H01017).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á ADI Proyectos e Ingeniería, S.L. a Resolución do 26 de novembro de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

«Número de censo: 15H01017.

ADI Proyectos e Ingeniería, S.L.

Rúa Real, nº 190-1º.

15401 Ferrol.

A Coruña.

Logo de examinar a inscrición da entidade ADI Proyectos e Ingeniería, S.L. no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar,

Supostos de feito:

Primeiro. A entidade ADI Proyectos e Ingeniería, S.L. está inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 15H01017, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ARGD30

Técnico auxiliar en deseño industrial

27.1.2006

ARGD40

Técnico auxiliar en deseño de interiores

27.1.2006

Segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, o 19 de febreiro de 2014 e o 24 de marzo de 2014, con xustificante de recepción do 1 de abril de 2014, requiriulle á entidade ADI Proyectos e Ingeniería, S.L., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, e informouna de que, no caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no dito rexistro.

Terceiro. A entidade ADI Proyectos e Ingeniería, S.L. non presentou a documentación requirida.

Cuarto. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, o 20 de outubro de 2014 a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña propón a revogación da inscrición do centro.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. A disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación inscritos no Censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en virtude do Decreto 158/2001, quedarán inscritos e, se é o caso, acreditados, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación naquelas especialidades formativas en que estivesen homologados, e que disporán dun prazo de dous anos para adaptaren as súas instalacións aos requisitos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo. Así mesmo, establece que, transcorrido o dito prazo de dous anos sen se adaptar á dita normativa, causarán baixa automaticamente.

Revisado o expediente compróbase que ADI Proyectos e Ingeniería, S.L. non acreditou o cumprimento dos requisitos para a inscrición e acreditación dos centros e entidades de formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, do número de censo 15H01017.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez vistos o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o dito real decreto; o Decreto106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade ADI Proyectos e Ingeniería, S.L., número 15H01017, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados esta resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación