Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (264/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 264/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Noya Raño contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que estimando integramente a demanda interposta por María del Carmen Noya Raño contra Servanza, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que vinculaba a demandante, María del Carmen Noya Raño, con Servanza, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil Servanza, S.L. a que lle aboe á demandante a suma de 3.808,47 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual por despedimento improcedente.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial