Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9393

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (771/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 771/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Manuel Mosquera Pérez contra Estan Mobel, S.L.U., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

Que estimando integramente a demanda interposta por Óscar Manuel Mosquera Pérez contra Estan Mobel, S.L.U., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 1.004,88 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente incrementada co xuro legal dos artigos 1101 e 1108 do Código civil, e a suma de 1.972,52 euros en concepto de liquidación, coa desagregación sinalada no feito probado terceiro desta sentenza, incrementada no xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estan Mobel, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial