Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 582/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 582/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Alejandro Doallo Pesado contra Hermanos Seoane, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou Sentenza número 29, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 582/2014, seguidos por instancia de Antonio Alejandro Doallo Pesado, asistido polo letrado Sr. Pedro Blanco Lobeiras, contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, acumulada a despedimento e acumulada a despedimento obxectivo individual.

(…)

Decisión

Que estimando integramente as demandas interpostas por instancia de Antonio Alejandro Doallo Pesado, asistido polo letrado Sr. Pedro Blanco Lobeiras contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro nulo o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 31.8.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 9.779,76 euros en concepto de salarios debidos na data da demanda, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 13.812,31 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento (31.8.2014) á data da extinción da relación laboral no día de hoxe (16.2.2015) a razón de 51,78 €/día, o que dá a cantidade de 8.802,6 euros.

– Condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan na suma de 600 euros.

– Non procede a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial