Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (769/2011).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 769/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Irene Rial Gey contra Andaina Servicios Sociais, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución que expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Irene Rial Gey contra Andaina Servicios Sociais, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante a suma de seis mil setecentos corenta e tres euros con corenta e catro céntimos (6.743,44 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da dita cantidade.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Andaina Servicios Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial