Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1120/2014).

Rafael Gonzalez Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 1120/14 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura López Fernández contra Richi & Enzo Construcciones, S.L.U. sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por Laura López Fernández, representada pola letrada Sra. Burgo García, contra Richy & Enzo Construcciones, S.L.U., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con efectos desde o 30 de setembro de 2014.

– Condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución opte, comunicándollo a este xulgado, ben pola readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 30 de setembro de 2014 ata a data de notificación desta resolución, a razón de 34,59 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 3.303,35 euros.

As cantidades anteriores serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que correspondan.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación para resolver pola sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Richi & Enzo Construcciones, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 11 de febreiro de 2015

O secretario xudicial