Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (910/2014).

Procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 910/2014

Demandante: José Gómez Pérez

Demandado: Alfa Instant, S.A.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución o 20 de xaneiro de 2015, dirixida a Alfa Instant, S.A., contra a que se poden interpoñer os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial