Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9152

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4601/2007).

No procedemento ordinario tramitado ante esta sección co número 4601/2007, acordouse expedir este edicto co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada por esta sala o 23 de xuño de 2011, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvemos estimar o recurso contencioso-administrativo interposto pola representante procesual da sociedade mercantil Tejima España, S.L. contra o Acordo plenario do Concello de Pontevedra, do 20 de xullo de 2007, polo que aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotación en solo e subsolo para vías da unidade de actuación 35, rúa Antón Fraguas, así como o convenio para a concesión demanial con destino á construción e explotación do aparcadoiro no subsolo da vía, que formulou a sociedade mercantil Construcciones y Obras Veteris, S.L. En consecuencia, anulamos o referido acordo plenario, sen que se impoñan as custas desta instancia».

Contra a referida sentenza recorreron en casación as representacións legais do Concello de Pontevedra e Construcciones y Obras Veteris, S.L.

O Tribunal Supremo ditou sentenza con data do 9 maio de 2014 que, na súa parte dispositiva, acorda:

«Resolvemos que, con desestimación de todos os motivos de casación para o efecto invocados, debemos declarar e declaramos que non proceden os recursos interpostos polo procurador Argimiro Vázquez Guillén, en nome e representación da entidade mercantil Construcciones y Obras Veteris, S.L, e polo procurador Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa, en nome e representación do Concello de Pontevedra, contra a sentenza pronunciada, con data do 23 de xuño de 2011, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo número 4601/2007, con imposición aos ditos recorrentes das custas procesuais causadas ata o límite, polo concepto de honorarios de avogado da entidade mercantil que compareceu como impugnada, de cinco mil euros por conta da entidade mercantil Construcciones y Obras Veteris, S.L. y de tres mil euros con cargo ao Concello de Pontevedra».

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Débeselles facer saber ás partes, ao notificárllela, que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

Inmaculada Pérez Arrojo
Secretaria