Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9154

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (240/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 240/2012 por instancia de Víctor Manuel Martínez Canosa contra a empresa Flores de Lires, S.L. sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 2 de febreiro de 2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Víctor Manuel Martínez Canosa fronte a Flores de Lires, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Flores de Lires, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de dezaseis mil cento trinta e cinco euros con setenta e oito céntimos de euro (16.135,78 euros) devindicando as ditas cantidades os xuros legais correspondentes.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente no goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Flores de Lires, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

O secretario xudicial