Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9155

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1306/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1306/2012 por instancia de Jesús Pérez Arén e Sara Gándara Blanco contra Ambugallegas, S.L. e Ambuibérica, S.L. sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 5 de febreiro de 2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Jesús Pérez Arén e Sara Gándara Blanco contra Ambugallegas, S.L. e Ambuibérica, S.L. e, en consecuencia:

– Condénanse solidariamente as empresas Ambugallegas, S.L. e Ambuibérica, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Jesús Pérez Aren a cantidade de mil novecentos corenta e dous euros con noventa e sete céntimos de euro (1.942,97 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

• A Sara Gándara Blanco a cantidade de mil douscentos vinte e nove euros con sesenta céntimos de euro (1.229,60), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse esta no xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente no goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ambugallegas, S.L., expido e asino esta notificación.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

O secretario xudicial