Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9149

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de unidade da Xestión Integrada de Vigo.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse pola Resolución CM 1/2014, do 28 de maio de 2014 (DOG núm. 118, do 23 de xuño) a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de supervisor/a de unidade.

Con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de unidade da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, convocada pola Resolución do 28 de maio de 2014.

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de 15 días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 11 de febreiro de 2015

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisora da unidade de Quirófano-Hospital do Meixoeiro.

Nome e apelidos: Mª Jesús Aros Garrido.

DNI: 35558770B.

Denominación do posto: supervisora da unidade de Lactantes-Hospital Xeral.

Nome e apelidos: Carmen Chapela Costas.

DNI: 36049747F.

Denominación do posto: supervisora da unidade de UCI-Hospital do Meixoeiro.

Nome e apelidos: Amparo Domínguez Pereira.

DNI: 76896022F.

Denominación do posto: supervisora da unidade Planta 4ª ala 2-Hospital do Meixoeiro.

Nome e apelidos: Mª del Carmen Gómez Gómez.

DNI: 36086660M.

Denominación do posto: supervisora da unidade de Laboratorio de Hematoloxía-Hospital Xeral.

Nome e apelidos: Mª Esperanza González Fernández.

DNI: 35550569K.

Denominación do posto: supervisora da unidade de Urxencias Pediátricas-Hospital Xeral.

Nome e apelidos: Ana Isabel Novoa López.

DNI: 53170308N.

Denominación do posto: supervisora da unidade de Urxencias de Adultos-Hospital Xeral.

Nome e apelidos: Carmen Pérez Orge.

DNI: 36007674R.

Denominación do posto: supervisora da unidade de Consultas Externas-Hospital Xeral.

Nome e apelidos: Carina Yosi Sánchez.

DNI: 36140316W.

Denominación do posto: supervisora da unidade de Planta 7ª-Hospital Xeral.

Nome e apelidos: Silvia Grande Fernández.

DNI: 36130145C.

Denominación do posto: supervisor da unidade Planta 10ª-Hospital Xeral.

Nome e apelidos: Francisco Xosé Román Losada.

DNI: 76989619V.

Denominación do posto: supervisora da unidade Centro de Especialidades de Coia.

Nome e apelidos: Lourdes Lista Alfonso.

DNI: 07841965T.