Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8581

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (318/2013).

Procedemento ordinario 318/2013

Demandante: Josefa Mena Requena

Procurador: José Martínez Lage

Avogado: Jesús Eiriz Lovelle

Demandada: Clínica Vitaldent Inicia Dental, S.L.

No procedemento de referencia ditouse Sentenza con data do 17 de novembro de 2014, por instancia de Josefa Mena Requena, representada polo procurador José Martínez Lage, contra a Clínica Vitaldent Inicia Dental, S.L. cuxa resolución é literalmente a seguinte:

«Desestimo integramente a demanda interposta por Josefa Mena Requena contra Clínica Vitaldent Inicia Dental, S.L. e, en consecuencia, absolvo a entidade demandada de todos os pedimentos formulados na súa contra. Todo iso con imposición de custas á parte demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, leu e publicou a anterior sentenza a xuíza que a ditou. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Clínica Vitaldent Inicia Dental, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

O/A secretario/a xudicial