Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8579

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (644/2013).

Manuel Rubido de la Torre, secretario da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifica que no recurso de apelación (LACN) 644/2013, dimanante da peza de oposición á execución número 210/2012, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, seguido por instancia de María Teresa Carril Lamoso contra Banco Popular Español e Sebastián Santiago Barreiro, se ditou auto do teor literal seguinte:

«Maxistrados

Francisco Javier Menéndez Estébanez

Manuel Almenar Belenguer

María Begoña Rodríguez González

Auto núm. 36.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2014.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Acordamos:

Que desestimando o recurso de apelación formulado por Teresa Carril Lamoso, representada polo procurador José Portela Leirós, contra o auto do 30 de outubro pasado, ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra no procedemento de execución de título non xudicial 210/2012, debemos confirmalo e confirmámolo íntegramente, con imposición das custas á apelante.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta Sala, Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente; Manuel Almenar Belenguer; e María Begoña Rodríguez González, relatora. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito, en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Sebastián Santiago Barreiro, que se encontra en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2015

O secretario xudicial