Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8577

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1843/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1843/2013 desta sala, seguido por instancia de El Corte Inglés contra el Fogasa, JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., José Luis Dopazo Vázquez, José Antonio Dopazo Sánchez, Antonio Barba Gómez, Andrés Calvelo Mañana, Eladio Bernardino Soilán López, José Manuel Sobrino Orgeira, José Luis Lorenzo Villar, Daniel Ángel Toba Seijas, David Sánchez Ascaso, José Luis Lodeiro Lago, Omar Óscar Silva Rodríguez, José Manuel López Lesta, Alberto Torreiro Domínguez, Javier Sanda Recioy, Rafael Beiras Blanco, Roberto José Leiro García, Jesús Rodríguez Rey, Juan Dans Aba, Andrés Muíño Guzmán, José Antonio Barbeito Fariña, José Antonio Tacón Suárez, Armando Gundín Sabín, Manuel Castro Seoane, Alberto Luis Pose Gómez, Acumula, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa El Corte Inglés, S.A., contra a sentenza, con data do 11 de decembro do ano 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, en proceso promovido por José Luis Dopazo Vázquez, José Antonio Dopazo Sánchez, Antonio Barba Gómez, Andrés Calvelo Mañana, Eladio Bernardino Soilán López, José Manuel Sobrino Orgueira, José Luis Lorenzo Villar, Daniel Ángel Toba Seijas, David Sánchez Ascaso, José Luis Lodeiro Lago, Óscar Silva Rodríguez, José Manuel López Lesta, Alberto Torreiro Domínguez, Javier Sanda Recioy, Rafael Beiras Blanco, Roberto Leiro García, Jesús Rodríguez Rey, Juan José Cortés García, Esteban Antonio Casal Lage, José Antonio Dans Aba, Andrés Muíño Guzmán, José Antonio Barbeito Fariña, José Antonio Tacón Suárez, Armando Gudin Sabin, Manuel Castro Seoane e Alberto Luis Pose Gómez, fronte ás empresas JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., El Corte Inglés, S.A., e Acumula, S.A., debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza de instancia, e estimando en parte o recurso, debemos desestimar a demanda con relación aos traballadores Jesús Rodríguez Rey, e Javier Sanda Recioy, absolvendo así os demandados de canto se postula na demanda con relación a ambos os dous traballadores, mantendo o resto de pronunciamentos da resolución de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co n.º 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial