Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8583

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (99/2014).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes (A Coruña) séguese procedemento civil co número 99/2014, e o 12 de xaneiro de 2015 ditouse sentenza que pon fin ao procedemento. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto comparecendo na oficina civil deste xulgado.

Contra a dita sentenza cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días.

Como consecuencia da non localización de Diego Couto Rivas, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ordes, 12 de xaneiro de 2015

O/a secretario/a xudicial