Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8584

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1244/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

«Sentenza n° 638/2014.

A Coruña, 1 de decembro de 2014.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1244/2013, seguidos por instancia Pilar Suárez Sánchez, asistida pola letrada Tatiana Cabañas Piñol, contra a entidade Cumbraos 2010, S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade –salarios–.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Pilar Suárez Sánchez contra a entidade Cumbraos 2010, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Cumbraos 2010, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.043,80 euros brutos polos salarios devindicados en decembro e paga extra de decembro de 2012, xaneiro de 2013 e parte proporcional de xaneiro de 2013 a razón de 2.118,14 € brutos, incluíndo a parte proporcional de pagas extra de beneficios, verán e decembro de 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 630,51 € como indemnización por despedimento obxectivo.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cual poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Cumbraos 2010, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial