Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1119/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que con data do 4 de febreiro de 2015 se ditou sentenza do teor literal seguinte.

«Sentenza.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social núm. 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1119/2014, seguidos por instancia de Marcial López Suárez, asistido pola letrada Iria Vázquez Riversa, contra a entidade Albealia Restauración Coruña 2, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre despedimento e salarios.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Marcial López Suárez contra a empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data do 30 de setembro de 2014, condenando a que a entidade Albealia Restauración Coruña 2, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 58,92 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.430,56 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou pola indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Marcial López Suárez contra a empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Albealia Restauración Coruña 2, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.535,36 € brutos polos salarios devindicados en agosto e setembro de 2014, incrementados no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co núm. 47570000 código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Albealia Restauración Coruña 2, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos

A Coruña, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial