Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (252/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 252/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Pego Suárez contra Ponte Paz, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza nº 25, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada-xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 252/2014, acumulado 916/2014, seguidos por instancia de Juan José Pego Suárez, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra Ponte Paz, S.L. e Fogasa, que non compareceron ao acto do xuízo oral, sobre resolución de contrato, reclamación de cantidade e impugnación de despedimento.

(…)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Juan José Pego Suárez, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra Ponte Paz, S.L. e Fogasa, que non compareceron ao acto do xuízo oral, sobre resolución de contrato, reclamación de cantidade e impugnación de despedimento e, en consecuencia:

– Declaro extinguida a relación laboral que unía o demandante e a entidade demandada na data da presente resolución.

– Declaro a improcedencia do despedimento que tivo lugar o 28.2.2014.

– Condeno a entidade demandada a aboar ao demandante a cantidade de 44.461,96 euros en concepto de indemnización.

– Condeno, así mesmo, a empresa a aboar ao demandante a cantidade de 4.993,24 euros como cantidades debidas, máis o xuro de mora do 10 % sobre esa cantidade.

– Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ponte Paz, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial