Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTOS (1044/2012) e (436/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Juan José Coto Varela contra Esabe Vigilancia, S.A., Vigilancia Entregada, S.A., Bubos Seguritas, S.A., Fondo de Garantía Salarial, rexistrado co número PO 1044/2012, se acordou notificar a parte dispositiva dos autos con data do 3 de febreiro de 2015 ditados nos procedementos PO 436/2013 e 1044/2012 a Esabe Vigilancia, S.A. e Bubos Seguritas, S.A., en ignorado paradoiro:

PO 436/2013.

Parte dispositiva

Dispoño a acumulación do presente procedemento ao procedemento ordinario 1044/2012 seguido ante este mesmo xulgado entre as mesmas partes, que continuará a súa tramitación nun único procedemento.

PO 1044/2012.

Parte dispositiva

Dispoño a acumulación ao presente procedemento do procedemento ordinario 436/2013 seguido ante este mesmo xulgado entre as mesmas partes.

Únase testemuño da presente resolución ao procedemento ordinario nº 436/2013 e acumúlese ás presentes actuacións.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A. e a Bubos Seguritas, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial