Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8405

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1053/2013).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1053/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro R. Mosteiriz Vidal contra Xestión Celular Galega, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Pedro Roberto Mosteiriz Vidal, representado polo letrado Sr. Pérez Domínguez, contra Xestión Celular Galega, S.L., que non compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 2.011,97 euros, máis os xuros moratorios especificados no fundamento de dereito quinto.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, de ser o caso, o afecten.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

E para que sirva de notificación en forma a Xestión Celular Galega, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 27 de xaneiro de 2015

O secretario xudicial