Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8404

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (449/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 449/2012 por instancia da Mutua Fraternidad Muprespa contra Carpinox, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Fondo de Garantía Salarial, sobre incapacidade temporal, nos cales se ditou sentenza o 29 de xaneiro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Antonio García Pombo fronte á Mutua Fraternidad Muprespa, a empresa Carpinox, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declárase o dereito de Antonio García Pombo a percibir a prestación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo polo período comprendido entre o 31 de decembro de 2010 e o 8 de maio de 2010 sendo responsable directa do aboamento da prestación a Mutua Fraternidad Muprespa, con responsabilidade subsidiaria do INSS, como sucesora do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, no caso de insolvencia da mutua e sen prexuízo do dereito da Mutua Fraternidad Muprespa a repetir fronte á empresa Carpinox, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Carpinox, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial