Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8403

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (639/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 639/2012 por instancia de María Teresa Díaz Valcárcel contra a empresa Lavandería La Espuma Coruña e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 2 de febreiro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por María Teresa Díaz Valcárcel fronte a Lavandería La Espuma Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Lavandería La Espuma Coruña, S.L. a aboar á demandante a cantidade de seis mil cincocentos cincuenta e seis euros (6.556 euros) máis os xuros legais.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Lavandería La Espuma Coruña, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial