Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (876/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 876/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Silva Vázquez contra Línea Futurex Avance, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Línea Futurex Avance, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decisión:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Verónica Silva Vázquez que presentou o 21 de agosto de 2014 ante o Decanato desta cidade, unha demanda fronte á empresa Línea Futurex Avance, S.L.U. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con opción pola extinción da relación laboral. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización de 2.489,60 euros.

2. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6 inciso primeiro da LXS e artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigo 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose celebrando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Línea Futurex Avance, S.L. e administración concursal de Línea Futurex Avance, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2015

O secretario xudicial