Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8406

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (152/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 152/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Ogando Abilleira contra Diéguez Global, S.L., Tanfresco, S.L., Rubiao, S.L., Irevir Intermodal, S.A., Transporte Rápido Aéreo Coruña, S.L., Lookout Alertly, S.L., Estilo Zero, S.L., Transporte Integral Gallego de Mercancías, S.L., Irevir Transporte Urgente, S.L., Irevir Logística, S.L., sobre despedimento, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva dispón:

a) Declarar os executados Diéguez Global, S.L., Irevir Intermodal, S.A. e Irevir Transporte Urgente, S.L. en situación de insolvencia por importe de 186.173,89 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Diéguez Global, S.L., Irevir Intermodal, S.A. e Irevir Transporte Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial