Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 259/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 259/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio Gómez Forján contra Coruña Dos, S.L., Xunta de Galicia, Santiago Dos, S.L., José Allegue Seoane, Fondo de Garantía Salarial, Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A., Concello de Santiago de Compostela, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Antecedentes de feito:

Primeiro. En data 15.12.2014 ditouse sentenza na cal, segundo manifestacións da letrada da parte demandante, se aprecia erro no salario do demandante fixado no feito primeiro, o que supón un erro no cálculo da indemnización.

Conferido traslado ás partes, non efectuaron alegacións.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 267.1 da Lei orgánica do poder xudicial que «Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que se producise».

Ao anterior precepto debe agregarse o establecido nos artigos 214 e seguintes da Lei de axuizamento civil ao establecer que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que se produza.

As aclaracións a que se refire o número anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, que neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Pola súa banda, o artigo 215 refírese á emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos establecendo que as omisións ou defectos que puideren ter sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente para efecto as ditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

Se se tratase de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitado no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tivese acordado.

Non caberá ningún recurso contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Doutra parte, non procede acceder á imposición de custas no presente procedemento. A mera non comparecencia do demandado non é razón de temeridade ou mala fe.

Segundo. En aplicación do anterior interésase pola parte demandante a emenda na fixación do salario e, polo tanto, no cálculo indemnizatorio ao entender que se produciu un erro.

No feito primeiro da demanda fíxase o salario do demandante na cantidade de 1.493,88 euros, sinalando que en nómina se recibían 1.393,88 euros e 100 euros en concepto de axudas, dato que efectivamente non foi controvertido polas partes no acto da vista e tampouco ao dar traslado da presente aclaración, pois ningunha alegación se efectuou ao respecto.

Neste sentido e ao non ter sido controvertido, o salario do demandante debe fixarse na cantidade de 1.493,88 euros/mes (49,11 €/día), o que dá lugar a un cambio na indemnización, que pasa a ser de 26.998,22 euros.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación.

Parte dispositiva:

Procede aclarar a sentenza de 15.12.2014 no sentido seguinte:

O feito probado primeiro quedaría redactado do seguinte modo:

O demandante Emilio Gómez Forján prestaba servizos na empresa demandada desde o día 6.6.2001 coa categoría profesional de camareiro, e percibindo un salario bruto mensual de 1.493,88 €, incluída a parte proporcional de pagas extraordinarias.

A decisión quedaría redactada en atención á contía da indemnización do seguinte modo:

Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa Santiago Dos, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 49,11 €/día) ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 26.998,22 euros en concepto de indemnización.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Coruña Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial