Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente PES-OU-110 /2014-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 12 de febreiro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: PES-OU-110/2014-V.

Interesado: Luis Mariano Belinchón Núñez.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.