Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2014/0225-4, incoado por infracción administrativa na orde social.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa realización, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2014/0225-4.

Acta: I362014000074627.

Empresa: Tipstone, S.L.

NIF: B-36501799.

Enderezo: lugar A Cardosa, 11, Marcón-Pontevedra.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14.2, 16 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 10 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1.a), 39.6 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 26 de decembro de 2014.

Resolución: multa de 2.046 euros.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 2 de febreiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo