Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2014/0188-4, incoado por infracción administrativa na orde social.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa realización, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal 8-2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2014/0188-4.

Acta: I362014000075132.

Nome e apelidos: Jesús Víctor Adsuar Ferrández.

NIF: 74192560-B.

Enderezo: rúa Ponte Nova 31, Pontevedra.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 12.5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5, 7.5, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 16.1.2015.

Resolución: multa de 626 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 26 de xaneiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo