Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos os acordos de procedencia de reintegro das axudas pola contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio), relativa aos expedientes TR348A 2010/65-2 e TR348A 2010/228-2.

Intentada a notificación destes acordos segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles ás interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 2 de febreiro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/65-2.

Nome: Disgarsil, S.L.

DNI/NIF: B27166693.

Axuda: subvención pola contratación indefinida inicial.

Último enderezo coñecido: Corvelle, s/n, 27690 Sarria (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR348A 2010/228-2.

Nome: Felicia Paredes Polanco.

DNI/NIF: X7829318A.

Axuda: subvención pola contratación indefinida inicial.

Último enderezo coñecido: avenida Nicolás Cora Montenegro, 70, 1º F, 27850 Viveiro (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.