Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inadmisión dun recurso extraordinario de revisión, relativo a un acordo de inicio de procedemento de reintegro de axuda, do Programa de incentivos á contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados, regulada na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 63, do 2 de abril), relativa ao expediente TR347D 2008/000066-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poidan ter coñecemento del.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2008/000066-1.

Nome ou razón social: María Gabriela Muñiz de San Eufrasio.

Último enderezo coñecido: rúa Linares Rivas, 43, 1º dereita, 15005 A Coruña.

Contido da resolución: inadmisión dun recurso extraordinario de revisión.