Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (481/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 481/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Pereiro García contra Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., Fogasa, Vulcanizados Carlos, Recauchutados Carlos, S.L., José Carlos Piñeiro Iglesias, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 66/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: Resolución contrato 481/2014, acumulado despedimento 1098/2014

Demandante: Juan Carlos Pereiro García

Letrada: Sra. Román Capelán

Demandado:

– Automóviles Carlos Piñeiro, S.L.

Letrado:

– Vulcanizados Carlos, S.L.

Letrado:

– Recauchutados Carlos, S.L.

Letrado:

– José Carlos Piñeiro Iglesias

Fogasa

Letrado: Sr. Crespi Rodríguez

Sentenza 66/2015.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015.

Decisión:

A) Estimo as accións sobre resolución de contrato e despedimento formuladas por Juan Carlos Pereiro García fronte a Autocares Carlos Piñeiro, S.L., José Carlos Piñeiro Iglesias, Recauchutados Carlos, S.L. e Vulcanizados Carlos e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno a demandada a aboarlle a cantidade de total 81.596,76 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante que se produciu o 15 de abril de 2014.

B) Estimo parcialmente a acción sobre reclamación de cantidade formulada por Juan Carlos Pereiro García fronte a Autocares Carlos Piñeiro, S.L., José Carlos Piñeiro Iglesias, Recauchutados Carlos, S.L., e Vulcanizados Carlos e, en consecuencia, condeno as anteriores a aboarlle ao primeiro a suma de 18.209,78 euros en concepto de salarios debidos.

C) O Fogasa deberá pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Automóviles Carlos Piñeiro, S.L.; Vulcanizados Carlos; Recauchutados Carlos, S.L.; José Carlos Piñeiro Iglesias, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial