Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 16 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración dun sistema de cromatografía de gases con detector de espectrometría de masas triplo cuádruplo destinado ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 38, do día 25 de febreiro de 2014, cómpre realizar a oportuna corrección:

No sumario da páxina 8116 e no número 2.b) da páxina 8117, onde di: «subministración dun sistema de cromatografía de gases con detector de espectrometría de masas triplo cuádruplo...», debe dicir: «subministración dun sistema de cromatografía de gases con detector de espectrometría de masas triplo cuadrupolo...».