Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da declaración de impacto ambiental, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 20 de novembro de 2014, para o proxecto de explotación da concesión derivada do P.I. Orille número 6009, no concello da Pobra do Brollón (Lugo), promovido por Pizarras Balbón, C.B.

De acordo co artigo 5, número 7, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, aplicable neste caso, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

RESOLVE:

Darlle publicidade á declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de investigación Orille número 6009, situada en terreos do Concello da Pobra do Brollón (Lugo), promovido por Pizarras Balbón, C.B., formulada o 20 de novembro de 2014.

A dita resolución, que se refire a unha superficie de 2,7 ha, cunha designación en coordenadas UTM X=636.564,92 e Y= 4.714.169,39 aproximadamente, incorpórase ao expediente e atópase á disposición de calquera interesado nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), así como no enderezo: http://medioambiente.xunta.es

Lugo, 13 de xaneiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo