Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/010-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2015/010-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Vila de Area II.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

LMT subterránea a CT Vila de Area II a 15/20 kV cunha lonxitude de 817 m, coa orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado que se realizará na fachada do CT Vila de Area (expte. 7.506), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no CT Vila de Area II (proxectado).

CT prefabricado Vila de Area II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1959, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se tería podido realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Número de expediente: IN407A 2015/010-1.

Proxecto: LMTS, CTC e RBT Vila de Area II.

Concello de Ferrol.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

1

Bouzoa

Prado

José Antonio López Díaz

CTC m2: 17.0