Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2015/019-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: retranqueo LMTS avenida de Rutis.

Situación: Culleredo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada SMC-704 avenida de Rutis (tramo nº 1), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,221 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS SMC-704 (expte.: 22.234), no tramo entre o CT Aceadama (expte.: 22.234) e o CD Parque Dep. Aceadama (expte.: 22.234), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS SMC-704 (expte.: 22.234), no tramo entre o CT Aceadama (expte.: 22.234) e o CD Parque Dep., Aceadama (expte.: 22.234).

Liña de media tensión soterrada SMC-704 avenida de Rutis (tramo nº 2), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS SMC-704, no tramo entre o CT Aceadama (expte.: 22.234) e o CD Universidade Laboral 2, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS SMC-704, no tramo entre o CT Aceadama (expte.: 22.234) e o CD Universidade Laboral 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña