Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de constitución do coto mineiro formado polas explotacións Godos número 2662 e Godos I número 2766, no concello de Caldas de Reis.

A sociedade Hormigones Valle Miñor, S.A., con CIF A-36623510, titular dos dereitos mineiros da sección C) Godos nº 2662 e Godos I nº 2766 situadas no concello de Caldas de Reis solicitou ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, a constitución dun coto mineiro formado polas explotacións citadas, con base no establecido no título IX (artigos do 108 ao 111 da Lei 22/1973, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo).

Todas aquelas persoas o entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións ante esta Xefatura Territorial, situada na rúa Fernandez Ladreda, nº 43, 5ª planta, no prazo de trinta (30) días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra