Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 443/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 443/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Turnes López contra Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Montaje e Ingeniería Arce, S.L., administración concursal de Montaje e Ingeniería Arce, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 65/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución contrato 443/2014

Demandante: Jesús Manuel Turnes López

Letrado: Sr. Pena Díaz

Demandadas:

– Montajes e Ingeniería Arce, S.L.: non comparece

– Administración concursal de Montajes e Ingeniería Arce, S.L.: non comparece

- Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L.: non comparecen

– Fogasa

Sentenza 65/2015.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015.

Decisión:

1. Tense por desistido o demandante da acción de resolución contractual exercida no presente procedemento.

2. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Jesús Manuel Turnes López fronte á empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 5.211,55 euros en concepto de salarios debidos.

3. Desestimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Jesús Manuel Turnes López fronte a Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L., polo que son absolvidas de todo pedimento dirixido fronte a elas.

4. A Administración concursal da empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e o Fogasa deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Patgaighe, S.L.; Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., Montaje e Ingeniería Arce, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial