Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (430/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 430/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania González Patiño contra Limperhostel, S.L., Yare 2010, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 53/2015.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015.

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Tania González Patiño fronte a Limperhostel, S.L. e, en consecuencia, declaro a nulidade do seu despedimento con condena da segunda a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, e con condena ao aboamento dos salarios de trámite deixados de percibir a razón de 45,18 euros/día.

2º. Condeno a Limperhostel, S.L. a que indemnice a demandante coa cantidade
de 7.000 euros polos danos morais sufridos por razón do seu despedimento a consecuencia da vulneración dos seus dereitos fundamentais dos artigos 28 e 24 CE.

3º. Condeno a Limperhostel, S.L. a aboar á traballadora a suma de 1.916,45 euros en concepto de salarios debidos e liquidación.

4º. Desestimo a demanda sobre despedimento e cantidade formulada por Tania González Patiño fronte a Yare 2010, S.L. e, en consecuencia, absólvoo das peticións dirixidas fronte a ela.

5º. O Fogasa deberá de pasar pola presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causas seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lles sirva de notificación a Limperhostel, S.L., Yare 2010, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial